Headlines

Ernesto Pérez gaña o Torneo de Poker

Actividades en Sada

Partidas de Age of Empires

Ernesto Pérez gaña o Torneo de Poker

Posted in: Xeral | Comments (0)

O Torneo de Poker foi o último das actividades celebradas no Centro Universitario de Riazor aproveitando que esta temporada estaba aberto por exames. Ernesto Pérez foi o gañador do mesmo, como xa acontecera no de Tute. Héctor López foi o campión en dominó e mus e José Manuel Andión no de Tute Cabrón. Finalizadas estas actividades, agardamos presentar un novo programa en breve.

palaestra @ Febrero 20, 2010

Actividades en Sada

Posted in: Xeral | Comments (0)

Aproveitando o martes de Carnaval, abriuse o local de Sada, que agardamos empeza a ter un horario permanente a partires da primavera. Ata o de agora foi empregado para xogar ao age, a naipes, a dominó e á Play Station e o ideal sería organizar unha serie de actividades permanentes o suficientemente atractivas para que os socios da Coruña movanse ata aló.

palaestra @ Febrero 17, 2010

Partidas de Age of Empires

Posted in: Miscelanea | Comments (0)

Hoxe pola mañán celebraronse diferentes partidas de Age of Empires no Centro de Actividades de San Amaro mais coñecido como Termitero. A pesar de que o xogo xa ten algúns anos segue a ser moi popular.

palaestra @ Febrero 15, 2010

Héctor López gaña o Torneo de Mus

Posted in: Miscelanea | Comments (0)

Despois de facer as combinacións posibles Héctor López quedou como o mellor xogador de Mus tras o torneo celebrado o pasado venres no Centro Universitario de Riazor.

O vindeiro venres co Torneo de Poker rematará esta serie de actividades dos venres e marcaremos algunha nova.

palaestra @ Febrero 14, 2010

José Manuel Andión gaña o Torneo de Tute Cabrón

Posted in: Miscelanea | Comments (0)

José Manuel Andión gañou no Torneo de Tute Cabrón realizado o pasado venres nas instalacións do Centro Universitario de Riazor.

palaestra @ Febrero 9, 2010

Os venres xadrez e naipes

Posted in: Miscelanea | Comments (0)

Os venres do mes de febreiro, no Centro Universitario de Riazor CUR, segue a actividade de xadrez con torneos de naipes despois das 21,30. A información do torneos de xadrez pode verse na páxina do CIDU, en www.xadrezuniversitario.org

Ali pódese seguir o circuíto de torneos de xadrez e as datas previstas de actividades para os torneos de cartas.

palaestra @ Enero 31, 2010

Héctor López gaña o torneo de Dominó e Ernesto Pérez o de Tute

Posted in: Miscelanea | Comments (0)

Héctor López co bolígrafo de agasalloHéctor López gañou o Torneo de Dominó e Ernesto Pérez o de Tute. Para acadar o campión provincial nunha proba por parellas o que se fixo foi facer unha competición con todas as parellas posibles entre os participantes.

palaestra @ Enero 31, 2010

Palaestra.info

Posted in: Xeral | Comments (0)

Saúdos. Palaestra lanza palaestra.info un xeito rápido de avisar das actividades da Sociedade.

palaestra @ Enero 30, 2010